Vilagarcía traslada a outubro a súa Romaría das Persoas Maiores
Vilagarcía de Arousa
A celebración manterase en Fexdega, evitando os meses de máis calor para evitar molestias aos seus participantes
13 Jun 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Evitar os meses de calor, que poden xeral malestar e problemas de saúde. Este é obxectivo da medida que onte anunciou o Concello de Vilagarcía. A partir deste mesmo ano, a Romaría das Persoas Maiores, que se celebraba a finais de xuño, pasará a desenvolverse no mes de outubro.
A responsable da área, Tania García, quixo comunicar unha mensaxe de tranquilidade á xente que se interesou por esta cuestión. A festa, explica a concelleira, vaise celebrar, e vaise facer en Fexdega cunha xornada que, coma sempre, o Concello subvencionará para que teña un prezo acaído a todos os petos: 10 euros.