La Voz de Galicia

Exposición de Galeoska no centro comercial

Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía / La Voz

Trátase de catorce pinturas de gran formato que convivirán nas instalacións con dez esculturas de pequeno tamaño

16 Nov 2021. Actualizado a las 15:10 h.

Galeoska, Galegos Koa Arte, é un colectivo de artistas de diferentes disciplinas, nacido hai catro anos da man de Martina Bugallo e Sergio Ribeiro. O grupo vén de inaugurar unha mostra no centro comercial Arousa, de Vilagarcía. Catorce pinturas de grande formato convivirán nas instalacións con dez esculturas de pequeno tamaño. «En Galeoska —explican— todos os artistas son valorados e respectados por igual, sen discriminacións por idade, xénero ou anos de experiencia». 


Comentar