La Voz de Galicia

O Atlético Arousana está practicamente descendido tras caer 2-1 co Gijón B

Vilagarcía de Arousa

vilagarcía / la voz

A escadra precisaba os tres puntos coma ningúns outros

02 May 2021. Actualizado a las 11:39 h.

Precisaba o Atlético Arousana estes 3 puntos coma ningúns outros, pero lonxe de puntuar, o cadro vilagarcián sucumbiu na tarde de onte nas instalación de Mareo fronte ao Sporting Gijón B. O 2-1 encaixado leva o equipo asturiano a ampliar de 6 a 9 os seus puntos de vantaxe respecto ao Atlético Arousana na sexta praza da clasificación da liga de permanencia na Primera Nacional Femenina cando xa resta só a metade da mesma, isto é, unicamente cinco encontros máis.

A cousa parecía apuntar ben para o equipo que dirixe o barbanzán Nando González cando no primeiro cuarto de hora Belén cabeceaba ao fondo da portería local un centro ao segundo pau. Pero nunha das súas incontables mostras de fraxilidade defensiva esta tempada, o Arousana tirou o conseguido apenas cinco minutos máis tarde, incapaz de despexar un balón transformado no 1-1 nun disparo desde unha esquina da área grande.

Nin as galegas, cedendo o coiro, nin as asturianas, dominando a posesión, estiveron finas, con contadas ocasións. O Arousana, con Dini superada pola porteira local nun man a man.

Na segunda parte, máis do mesmo, ata que á media hora o Gijón B meteu unha marcha máis e subiu o 2-1 nun testarazo no segundo pau a centro de banda esquerda. O Arousana tentou a lo menos salvar un punto á desesperada, sen éxito.

 

 

 


Comentar