Concentración de autocaravanas en Valga
Valga
Participan un cento de vehículos convocados pola pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA)
11 Sep 2021. Actualizado a las 21:00 h.
O espazo fluvial de Vilarello (Valga) é durante esta fin de semana punto de encontro de arredor dun cento de autocaravanas convocados pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA). Os vehículos comezaron a chegar o venres á noitiña quedando estacionados nos arredores da área de servizo habilitada hai tempo polo Concello para tratar de potenciar no municipio este tipo de turismo. Os asistentes participan en rutas e outras actividades que lle permiten descubrir espazos naturais do municipio coma Mina Mercedes.