La Voz de Galicia

A Xunta reparte 376.000 euros entre cinco polígonos industriais da bisbarra

Cambados

vilagarcía / la voz

09 Aug 2017. Actualizado a las 05:00 h.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou achegas por preto de 376.600 euros para cinco parques empresariais de seis concellos da comarca do Salnés co obxectivo de mellorar o servizo que se presta ás compañías xa instaladas, segundo indican desde a delegación de Pontevedra. Os concellos de Cambados e Ribadumia -que comparten polígono- recibirán unha subvención de 171.000 euros co obxectivo de mellorar a dotación das infraestruturas do polígono do Salnés, mentres que a Meaño destinaranse 13.369 euros co obxectivo de mellorar o alumeado público do parque de A Pedreira. Catoira poderá destinar 96.000 euros para a pavimentación e a construción de novas beirarrúas no acceso ao parque deste municipio, e Vilagarcía tamén poñerá en marcha medidas de aforro enerxético de luminarias cunha axuda de 44.472 euros. Finalmente, e para o mesmo fin, Vilanova recibirá 51.731 euros.

 

Infraestruturas

Con esta convocatoria, que prevé axudas do 80 % do custo subvencionable e que se incrementan ata un 95 % no caso de agrupacións ou fusións de concellos, «desenvolveranse actuacións orientadas á mellora das infraestruturas viarias, así como á dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía de cara ao aforro e a eficiencia», segundo explica o delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. En total, as axudas permitirán a executar de vinte proxectos en un total de quince concellos da provincia de Pontevedra, cunha aportación autonómica de 667.000 euros.


Comentar