O Concello da Illa recoñece os éxitos do Céltiga
A Illa de Arousa
Recepción municipal aos equipos séniores masculino e feminino
21 Jun 2025. Actualizado a las 05:00 h.
A corporación municipal da Illa de Arousa recibiu onte na casa do concello aos dous cadros de futbolistas séniores do Céltiga polos seus éxitos esta tempada en forma de cadanseu ascenso. O equipo masculino, dirixido por Luis Carro, da Preferente á Tercera RFEF, e o feminino, con José Ángel Dieste, «Barça», á fronte, conseguindo no seu primeiro ano de vida subir da Terceira á Segunda Galega.