La Voz de Galicia

A Illa e o mapa das mareas máis altas do ano

A Illa de Arousa

R.E. A Illa / La Voz

O Equipo de Transición Enerxética pide axuda a vecños e voluntarios para documentar con fotos a paisaxe da localidade cando o mar sube ao máximo

18 Sep 2020. Actualizado a las 14:31 h.

O Equipo da Transición Enerxética da Illa vén de facer unha petición de axuda. Hoxe e mañá «tocarán as mareas máis altas do ano». O grupo de traballo que afonda no cambio de modelo enerxético nesta localidae, quere «tomar nota e documentar estas mareas e o seu impacto na costa con fotos para concienciar do problema do cambio climático e do aumento do nivel do mar». Para iso, por unha banda anima á comunidade educativa a do colexio «a dar un paseo e facer fotos do mallante pola tarde do venres ás 17.30 e o sábado ás 18 horas». Por outra banda, «todas aquelas persoas que queiran aportar unha imaxe para cubrir todo litoral da Illa de Arousa e crear así un mapa da marea máis alta en 2020 pode envialo ao mail arousaentransicion@gmail.com ou ao facebook do grupo Arousa en Transición».

 

 


Comentar