A Illa protexe o comercio e a hostalería
A Illa de Arousa
O Concello adquiriu material que a asociación de empresarios se encargará de repartir
26 May 2020. Actualizado a las 05:00 h.
O Concello de A Illa vén de adquirir uns kits de protección que a asociación de empresarios distribuirá entre todos os comercios e os establecementos de hostalería do municipio arousán. Cada un deles contén máscaras, xel hidroalcohólico, cartelería de información, pantalla protectora para a atención ao publico e adhesivos para instalar no chan e sinalizar a obriga de manter unha distancia de seguridade. Aqueles comerciantes ou hostaleiros que prefiran adiantarse ao reparto do material poderán recollelo na xoiería David, na librería Castelao ou en Efectos Navais o Roxo.