La Voz de Galicia

Arousa Moza organiza un programa de actividades sobre danza tradicional

Arousa

16 Jul 2025. Actualizado a las 05:00 h.

Este xoves comeza en Vilagarcía, na sede da asociación Arousa Moza, a iniciativa Cultivando Culturas. Trátase «dunha serie de actividades onde faremos un percorrido por distintas modalidades do mundo da danza en colaboración coas asociacións locais da área do Salnés». A iniciativa desenvolverase no marco do Erasmus Plus. A cita arrincará ás oito da tarde e desta volta a proposta será un percorrido «da danza tradicional ao mainstream, onde nos introduciremos no mundo da fusión entre danza do folclore galego co ballet», segundo explica a organización.


Comentar