Segundo posto en «Dígocho eu»
Arousa
No CEIP As Bizocas do Grove están de noraboa
16 May 2025. Actualizado a las 05:00 h.
No CEIP As Bizocas do Grove están de noraboa. O alumnado de 2.º de Educación Primaria vén de acadar o segundo posto na gala anual do «Dígocho eu», o programa da TVG que lidera a coñecida «influencer» galega Esther Estévez. Os rapaces teñen o mérito de seren os máis pequenos de todos cantos escolares participaron cos seus vídeos para seguir fomentando o uso da nosa lingua. Os rapaciños mecos, coordinados pola profesora Ruth Froufe, conquistaron o xurado cunha divertida peza na que amosan ao mundo canto saben de mariscos e peixes, e do vocabulario relacionado co medio mariño.