La Voz de Galicia

A Illa programa un entroido de seis días con axudas para as comparsas

Arousa

O Concello abre o prazo de inscrición para os grupos que participen nas actividades

26 Jan 2023. Actualizado a las 14:09 h.

As concellerías de Festas, Cultura e Servizos da Illa comezan a traballar na organización do entroido 2023 coa apertura do prazo de inscrición das comparsas e grupos participantes e co deseño dunha programación que se prolongará durante seis días. A inscrición abre o prazo tamén para que as comparsas participantes recollan os materiais que precisen para armar as súas carrozas. Como en anos anteriores o cartón será subministrado polo Concello e o resto de materiais poderán ser retirados nas ferraxería e tendas de efectos navais de costume.

As bases que regularán a participación no entroido están aínda perfilándose pero o concelleiro Luis Arosa xa adianta que as achegas en metálico serán similares ás da edición anterior: 400 euros para os grupos locais, 300 euros para as que leven catro anos participando nos actos da A Illa e 150 para as novas comparsas.

Luis Arosa recorda ás comparsas a obriga de participar polo menos en dúas das convocatorias lúdicas que se organicen na programación muncipal así como no desfile do domingo de entroido para percibir as mencionadas cantidades económicas.


Comentar