La Voz de Galicia

O BNG e a mellora das conexións do Salnés

Arousa

Os deputados Néstor Rego e Montse Prado reuníronse cos representantes dos sectores económicos e sociais da comarca

19 Jun 2021. Actualizado a las 05:00 h.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a deputada no Parlamento de Galicia, Montse Prado, mantiveron unha reunión con representantes dos sectores económicos e sociais da comarca, ante os que reivindicaron a gratuidade das autovías e o cumprimento do acordo de investidura en que establecía a rebaixa de 100% nos usuarios recorrentes da AP-9. Rego tamén apostou pola mellora da conexión ferroviaria da bisbarra. 


Comentar