O BNG, contra a subida das tarifas da luz
Arousa
A formación nacionalista iniciou unha campaña de recollida de sinaturas fronte ao aumento do custo
12 Jun 2021. Actualizado a las 05:00 h.
O BNG iniciou onte unha campaña de recollida de firmas contra o «tarifazo da luz». «As familias pagan a luz cada vez máis cara, moitos empregos están en risco polos custes enerxéticos», explicaba onte a deputada Montse Prado, que recordou que este mes unha familia media pagará 20 euros máis no seu recibo.