Relevo no Mercado de Nadal
Arousa
A moda atlántica de Somos Océano desembarcou xa nas casetas de Vilagarcía
12 Dec 2020. Actualizado a las 05:00 h.
Esta fin de semana incorpóranse ao Mercado de Nadal de Vilagarcía novas empresas, que lle dan o relevo a algunhas das primeiras firmas que pasaron polos postos despregados nas prazas de España e da Independencia. Este venres, cando se cumpría a primeira semana das tres nas que permanecerá en funcionamento o Mercado de Nadal, incorporouse a firma «Somos Océano», deseño galego e riquiño que cole a forma de coloridos calcetíns, xerseis, camisetas... O seu posto estará na praza de España. Na da Independencia instálase hoxe a firma de lámpadas turcas Syed Adnan. A partir do luns tamén se poderá mercar nas casetas de madeira as xoias da marca vilagarciá «Planeta Tres Zetas», que desembarca no mercado cos seus traballos en prata, pedras preciosas e materiais orgánicos, ademais de pezas vintage que recupera para darlles unha nova vida aos seus deseños atemporais. A última novidade desta semana que entra é a «Titeretería», un obradoiro dedicado á fabricación e venda de monicreques e marionetas moi orixinais.