Unha homenaxe nos novos tempos
Arousa
Y el Ribadumia pudo celebrar el ascenso
Marcada polas necesarias medidas hixiénico-sanitarias, a recepción municipal no Auditorio ao C.D. Ribadumia deixou curiosas estampas
14 Jun 2020. Actualizado a las 05:00 h.
O alcalde de Ribadumia, David Castro, presidíu onte no Auditorio a recepción do Concello aos xogadores, corpo técnico e directiva do C.D. Ribadumia polo seu regreso á Terceira. Unha recepción adaptada aos novos tempos, co secretario do club e médico de urxencias tomándolle a temperatura na porta a cada un dos 80 contados asistentes que puideron asistir ao acto, ben separados entre si por unha morea de butacas valeiras por forza.