Broche de ouro da tempada do Vilarousa
Arousa
Campeonato de gimnasia rítmica Vilarousa
Case catrocentas ximnastas participaron no torneo celebrado en Fontecarmoa
19 Jun 2018. Actualizado a las 05:00 h.
O Gimnasia Rítmica Vilarousa organizou o domingo no pavillón de Fontecarmoa a segunda edición do seu torneo de club. Unha cita na que congregou a 385 deportistas chegadas de toda Galicia. As responsables do club arousán recibiron multitude de felicitacións por parte dos participantes e do público, tanto pola organización da proba, como pola multitude de produtos sorteados grazas á xenerosidade do comercio local. O perfecto broche de ouro a unha excepcional segunda tempada de vida do Vilarousa. foto mónica irago