O Cortegada estréase con triunfo no intersector
Arousa
29 May 2009. Actualizado a las 02:00 h.
Por doce puntos de diferenza venceu onte o Caixanova Cortegada no seu debú no Intersector Nacional Norte Cadete Feminino: 42-54. A súa vítima, o Carmelitas Edimiño de Ourense, terceiro clasificado na mesma fase final galega na que o equipo vilagarcián rematou subcampión.
Onte, en Luanco (Asturias), as pupilas de Pepe cimentaron o seu triunfo nunha excelente defensa que lles permitíu gañar o primeiro cuarto 5-13. As persoais e a necesidade de rotacións fíxolles ceder terreo antes do descanso (23-25), chegando 5 arriba ao derradeiro cuarto. Desiré Martínez (17 puntos) e Ale Carballa (24) lideraron as vilagarciás, que hoxe se miden ao campión cántabro, o Valvanuz.