La Voz de Galicia

Cambados réndese ao poderío da capoeira e as acrobacias brasileiras

Arousa

20 Feb 2007. Actualizado a las 06:00 h.

?hegaron, viron e trunfaron. Non eran máis que cinco garotas e un rapazote, pero o seu aire brasileiro de Río Samba Show abondou para que Cambados se rendese onte aos seus pes. Coa Calzada a barrote, os habitantes da vila do albariño ollaron longamente as habilidades do mozo, que trazaba acrobacias como unha auténtica máquina de capoeira, mentres as súas compañeiras movían o esqueleto como se no canto de cinco fosen un cento. Entrementres, na praza de Alfredo Brañas, Unha Grande Chea procedía á contraprogramación. Sen palco, por rigorosa decisión municipal, o certo é que ver á xente da universal comparsa cambadesa facíase ben complicado. Mais aló estaban, asinando un cheo incontestable coa súa revisión de TVE. A doutora Ochoa e o polígrafo, invitados especiais.


Comentar