Xana narra os problemas e cambios da súa pubertade
Arousa
En dos minutos | Daniel Ameixeiro publica un novo libro
11 Oct 2004. Actualizado a las 07:00 h.
Para Ameixeiro, un enxeñeiro de Telecomunicacións que dende o 1999 non deixa de cultivar a súa vocación literaria, este é xa o seu terceiro traballo. No 1999 via a luz Bonifacio foi a palacio e no 2003 conseguía meterse na final do premio Merlín con Xan e Pericán. Con esta última obra, o escritor grovense consolídase no mundo das letras infantís. E dálle unha nova oportunidade aos cativos para rirse coas andanzas da aventureira Xana.