La Voz de Galicia

Aprendendo as técnicas do encaixe

Arousa

MEIS

17 May 2004. Actualizado a las 07:00 h.

Os responsables do colexio do Mosteiro agardaron ata hoxe para celebrar o Día das Letras. Da unha da tarde en diante, os alumnos poderán coñecer unha nova unidade didáctica elaborada polos profesores Mario Gallego e José Manuel Castro sobre o arte do encaixe. Tamén teñen preparada unha gran exposición que, baixo o título «Feito en Meis», recolle distintas mostras de etnografía e artesanía deste municipio arousán. Todos estes actos estarán presididos polo director xeral de Política Lingüística.


Comentar