Secciones

Tu edición

«Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo», guía literaria de Armando Requeixo

O libro, imprescindible e útil, será presentado este mércores

La Voz de Galicia

Armando Requeixo, estudoso e crítico literario, é o autor do libro, «Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo», unha guía literaria «que ha ser de utilidade para quen visite a cidade e queira saber da maxia cunqueiriana e de moitos dos seus lugares clave», como el mesmo sinala. Un libro tan necesario coma imprescindible no futuro. Un libro-guía que precisaba Mondoñedo. Será presentado este vindeiro mércores, día 1, ás 19.30 no salón de actos do concello. Han acompañar ao autor Elena Candia, alcaldesa; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, e Abel Vigo, responsable da parte gráfica deste libro-guía.

O propio Armando Requeixo resume á perfección a idea do libro: «É unha guía literaria dos enclaves cunqueirianos na súa cidade natal, Mondoñedo». Con este libro-guía case que se pode dicir que o museo de Cunqueiro bota a andar. Un complemento fundamental. Unha cita literaria moi especial a deste mércores de defuntos en Mondoñedo: «O señor de Crozon estará ben feliz véndonos alí ese día... quen sabe, ao mellor ata se achega el mesmo co seu bombardino». Armando Requeixo anímanos a achegarmos este mércores a Mondoñedo «e percorrermos xuntos a emblemática xeografía cunqueiriana».

Teads fallback - Discover inRead by Teads!

Armando Requeixo é un gran coñecedor e estudoso da obra de Cunqueiro. «Pasa do cuarto de século do meu primeiro escrito de temática cunqueiriana. Mesmo acabo de rematar agora outro artigo académico sobre del para o Congreso Galicia-Bretaña que o Consello da Cultura Galega ha coordinar en Compostela e Mondoñedo estes días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro».

Lembren, este mércores unha cita literaria moi especial e recomendable nun día tamén significado e arredor dun autor singular, único.

Tags: Mondoñedo
Ver Comentarios