Secciones

Tu edición

«Benidorm é o número un en destinos»

"Esta é a semana grande do Imserso", certifica Pedro Fraga, de Eroski Viajes

La Voz de Galicia

Esta é a semana grande do Imserso», certifica Pedro Fraga, de Eroski Viajes.

 

-Como está sendo o proceso este ano de reserva das viaxes?

-Igual que o ano pasado. O único, notamos que están tardando moito en cargar os destinos. Non está todo o que vai estar a última hora. A ver se, oficialmente, está para o 14. Estamos a tempo. A xente vén a mirar destinos.

-E cales son os favoritos?

-O Imserso ofrece dende península a illas, tamén algún circuito e produto de natureza. Benidorm é o número un en destinos. Despois, a xente quere illas.

-Por que ten éxito ese programa?

-Ten moito éxito porque os prezos son de derribo. Oito días ao mellor os conseguen por 200 euros, pensión completa e transporte. Aínda que hoxe algúns maioristas e axencias tamén estamos vendendo programas de maiores de 55 anos, algo similar ao Imserso e que ten moito produto, incluso cruceiros. Cada vez hai máis xente que o demanda, porque algunha non ten acreditación ou non lle toca adonde quería.

-Dá traballo ás axencias?

-Moito, pero tamén xenera satisfacción cando podes encontrar o destino adecuado á xente.

Tags: Benidorm Eroski Comunidad Valenciana Transporte
Ver Comentarios