La Voz de Galicia

O BNG e o alcalde de Barreiros polemizan polo aumento de gastos en xuízos

A Mariña

01 Aug 2015. Actualizado a las 05:00 h.

O pleno de Barreiros sacou adiante -exclusivamente cos voto dos concelleiros do PP- unha modificación de crédito pola cal o Concello disporá duns 300.000 euros máis para afrontar diversos gastos e obras. Ese punto deu pé a unha discusión na que o BNG reprochou ao alcalde, Alfonso Fuente, que nesa modificación se inclúan 27.500 euros para facer fronte a gastos de avogado nos xuízos que ten o concello, que se suman aos 40.000 que había orzamentados.

O alcalde lembrou que o Concello disporá destes 300.000 euros pola rebaixa nos intereses do préstamo para pagar a provedores e culpou ao BNG do gasto en xuízos: «Cando gobernaba o bipartito na Xunta interveu no urbanismo de Barreiros por unha denuncia do BNG de Barreiros. Despois o Supremo dixo que fora ilegal e agora facemos fronte aos xuízos que presentan os promotores por anularlles as licenzas». O PSOE votou en contra porque di que os cartos non se destinarán a servizos básicos.


Comentar