Pensando xa no 14-M
A Mariña
A TRIBUNA | O |
16 Jan 2004. Actualizado a las 06:00 h.
XA SE SABE que en marzo se han celebrar as eleccións xerais, de maneira que podemos e debemos esperar anuncios importantes, promesas decisivas e medidas espectaculares. Se facemos un esforzo de imaxinación, podemos supoñer que na Mariña se ha falar de novidades como a autovía do Cantábrico, o tren ou as posibilidades de desenvolvemento da pesca e do turismo. Se imaxinamos algo máis, mesmo podemos pensar no tempo de marzo: se vén frío, pode obrigarnos a levar abrigo e luvas pero tamén deixarnos ver a neve; se se pon morno, pode permitirnos algún paseo pola praia mentres as ondas baten en silencio contra as rochas. E xa se sabe que o frío ou a calor son sempre tentacións moi fortes para os votantes, así que habemos escoitar recomendacións sobre a importancia do noso voto e sobre os perigos da abstención. Ata aquí, todo máis ou menos normal. Pero se pasamos das mensaxes ós mensaxeiros, quizais aparezan algunhas sorpresas. ¿Cantos cidadáns saben o nome dos deputados e dos senadores da provincia? ¿É realmente un tabú falar de cambios nas circunscricións electorais?