Falar de entroido en Galicia é falar das pantallas de Xinzo, dos cigarróns de Verín, dos peliqueiros de Laza, dos choqueiros da Coruña, dos volantes de Chantada ou dos boteiros de Viana do Bolo. Tamén é falar do cocido, dese exquisito manxar elaborado a base de produtos típicos da terra que reina nos manteis dos fogares galegos, e dunha infinidade de celebracións que transforman o ambiente da comunidade nunha festa perpetua. Se para vostede o entroido galego está claramente asociado a un símbolo, un disfraz ou unha tradición, non dubide en achegarnos a súa opinión e participará nun concurso no que as 100 respostas máis orixinais serán premiadas cunha camiseta Rei Zentolo modelo Cocido. O nome do gañador, seleccionado por un xurado formado por persoal de La Voz de Galicia, coñecerase nos días sucesivos ao peche do período de participación. O plazo para participar remata o 11 de marzo do 2011 ás 00.00 horas. Consulta as bases.