Xerais publicará un diccionario da lingua con 100.000 entradas

Entre as novidades do outono literario galego está «Pioneiros na corrente do Golfo», de Elixio Villaverde Outono. Auga, vento, frío e libros. A maquinaria das editoriais galegas vota fume. Van caendo títulos nos escaparates das librerías. Este mes está previsto que saia «Pioneiros na corrente do Golfo» (Xerais), do historiador Elixio Villaverde. Xerais anuncia para novembro o «Gran Diccionario Xerais da Lingua» que recolle case 100.000 entradas.

R. LOUREIRO