Basilio Losada dalle dous séculos de existencia ó galego, antes de ser «deglutido polo castelán», pero outros lingüístas rexeitan esa morte Cada semana morren no mundo dúas linguas. Neste século que balbucea deixarán de existir os idiomas con menos de cen mil falantes. Son datos que aporta Antón Santamarina, director do Instituto da Lingua Galega, citando un traballo publicado na revista «Time». Basilio Losada, profesor de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa, pechou a Semana de Filosofía de Pontevedra dicindo que o galego «morrerá en dous séculos, deglutido por dúas linguas que á súa vez xa están sendo deglutidas por outras: o castelán e o portugués». Alonso Montero, autor dun informe clásico sobre o galego, xa dixo que non ve o galego en perigo de morte.
RODRI GARCÍA