17 mar 2001
A Escola de Educación Infantil de Vilalba plantará árbores autóctonas na vila
Profesores e alumnos desenvolveron boa parte da súa actividade nun invernadoiro Os cento cinco alumnos e as oito profesoras da Escola de Educación Infantil de Vilalba plantarán durante a primaveira árbores autóctonas nunha finca próxima ó centro de saúde da vila. Os escolares sementaron plantas de diversa natureza durante o presente curso en macetas de plástico colocadas no interior dun invernadoiro. Esta actuación inclúese na cuarta edición do programa «Voz Natura», promovido pola Fundación Fernández Latorre, coa segunda parte do proxecto «Aprendo a facer un mundo mellor».