Quen o coñeceu descríbeo como «un home que facía todo» e tamén como «o pulo incasable» e «partidario da policromía da vida». Velaquí a figura das Letras Galegas a través dos anteollos de quen o coñeceron
«Eu creo que xa fixen de todo», dicía nunha das súas derradeiras entrevistas. Porén, aínda faltaba que a Real Academia lle dedicase o Día das Letras Galegas sesenta anos despois de que el mesmo o impulsara