«Pensei na retirada hai dous anos, aínda que nunca a considerei nestes últimos meses»
Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego Xosé Manuel Beiras achégase con anovados folgos á súa cuarta elección como portavoz nacional do BNG, o cargo que ocupa desde 1995. Nas vésperas da Asemblea Nacional desta fin de semana na Coruña, o líder do Bloque explica que barallou a súa retirada hai dous anos, «cando estaban en plena gloria», segundo di con ironía, pero nunca pensou en dar ese paso nos últimos meses, no convulso período preasembleario e da sorprendente apertura do diálogo institucional con Fraga. Asegura que a nova executiva poderá afrontar con garantías o cambio de rumbo no nacionalismo e quítalle importancia ó peso da UPG na dirección.
ANXO LUGILDE