O Xacobeo publica as actas do terceiro congreso «Historia a debate» celebrado en Compostela

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

29 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Xacobeo 2010 presentou onte as Actas do III Congreso Internacional Historia e Debate , que recollen os traballos realizados durante a convención celebrada do 14 ao 18 de xullo de 2004 na Universidade de Santiago. Esta publicación busca incitar, dende Galicia «á reflexión da comunidade internacional de historiadores». Historia a Debate é unha rede estable que celebra congresos internacionais desde 1993 coincidindo coa conmemoración do ano santo, aos que concorren profesionais do gremio de todo o mundo, e que busca dinamizar intercambios e contactos multilaterais entre os seus membros máis alá das fronteiras da especialidade e da nacionalidade. O xerente do Xacobeo 2010, Ignacio Santos, sinalou na presentación que «o proxecto Historia e Debate simboliza os valores que quere transmitir o Xacobeo. Santos gabou, igualmente, o carácter internacional deste foro de debate que fomenta a integración entre culturas.