Compota de mazá ao viño tinto
Unha receita de moita tradición cun toque distinto, o que lle aporta o viño tinto
- Raciones4
A receita que hoxe presentamos na nosa casa ten moita tradición, e lévase facendo anos. Porén, son moitas as persoas que nunca así a probaran. Nós, que xa gustamos da compota básica máis efectiva, adoramos o toque de intensidade que lle ofrece o viño tinto na cocción.
Brownie en 5 minutos
- 4 mazás
- 320 ml de viño tinto
- 280 ml de auga
- 6 culleradas de azucre
- 1 rama de canela
Para comezarmos, temos que pór ao lume un cazo coa auga, o viño, o azucre e a canela
Deixamos que ferva 3-4 minutos e despois engadimos a mazá, pelada e cortada en dadiños
Poñemos a lume medio e deixamos que se cociñe durante 25-30 minutos
Deixamos repousar uns minutos para que espese un pouco e xa estaría lista para comer.
No caso de que a prefirades algo máis grosa, podedes deixar un pouco máis de tempo ou reducir cantidade de líquido antes. A nós gústanos que quede substanciosa e moi húmeda. E tremenda larpeirada. Aínda non sabemos como sabe mellor, quente ou fría, pero entrar sempre entra ben.
Comentarios