Brownie en 5 minutos

De todas as variedades de brownies é difícil decidir cal é o máis sabroso, mais está claro cal é o máis sinxelo; con moitísima diferenza


Esperamos adozarvos un pouquiño o día de hoxe cunha receita das que hai que gardar na rede si ou si, imprimila ou enmarcala, posto que nos ofrece unha das larpeiradas máis doces e apetecíbeis cun traballo case ridículo. Falamos do brownie. Se ollades o noso blogue, na listaxe de receitas comprobaredes a cantidade de brownies diferentes que levamos feitos e sen poder dicir cal é o máis saboroso.

Mais si sabemos cal é o máis sinxelo, con moitísima diferenza:

Ingredientes
200 g azucre
100 g fariña
100 g manteiga
50 g cacao en po 0 %
2 ovos
1 cullerada de esencia de vainilla
Un chisco de sal
Abelás
Instrucciones
  1. Para comezarmos, temos que bater os ovos co azucre

  2. Agregamos a vainilla e a manteiga fundida

  3. Cando estén integrados, botamos a fariña e o cacao peneirados. E por último, as abelás

  4. Botamos a mestura nun molde e cociñamos no microondas. Poñemos 2 minutos e medio a máxima potencia, deixamos repousar 30 segundos e volvemos a pór 2 minutos e medio. Xa están listos para comer!

Autor Bolboretas no bandullo é un proxecto gastrocultural comprometido co noso idioma e cultura de Diana e David, profesores de lingua e autores do libro "Cociñando con Bolboretas no bandullo" www.bolboretasnobandullo.com
Votación
18 votos
Comentarios

Brownie en 5 minutos