Tartar de xarda e aguacate

O cociñeiro Álvaro Villasante proponnos este prato sinxelo que nos permite saír da rutina pola súa orixinalidade


Ingredientes
Xarda
Aguacate
Mostaza
Chalota
Allo
Limón
Sal
Pementa
Instrucciones
  1. Limpamos a xarda (quitandolle tamén a pel), ou o peixe que máis vos guste, e a fileteamos

  2. Metémola un chisco no conxelador ata que esté case conxelada para que sexa máis fácil de cortar

  3. Picamos a xarda en dadiños e a sazonamos ao gusto (sal, pementa, mostaza, limón, tabasco)

  4. Machacamos o aguacate xunto co allo e a chalota picada ben fina

  5. Sazonamos todo ao gusto. Podédeslle engadir un chisco de limón, mostaza, tabasco...

  6. Aproveitade a pel do aguacate como recipiente, emplatade bonito e a desfrutar!

Votación
0 votos
Comentarios

Tartar de xarda e aguacate