San xacobes de berenxena
É o momento de aproveitar o entretemento que nos pode ofrecer a cociña. Desta maneira, podemos botar man de verduras tan apetitosas como a cabaciña ou a berenxena
Agora que estamos a vivir un momento extraordinario no que se aveciñan moitas horas de casa,
é o momento de aproveitar o entretemento que nos pode ofrecer a cociña. Así pois, podemos facer dun acto rutineiro unha experiencia diferente dando lugar a creacións ben novidosas.
Para isto, nada mellor que aproveitar os produtos de tempada. Desta maneira, podemos botar man de verduras tan apetitosas como a cabaciña ou a berenxena, entre outras moitas. E poden formar parte dos nosos menús con ideas como esta que segue:
Veinte sencillas recetas que preparan los cocineros gallegos en cuarentena
- Berenxenas
- Espinacas
- Pavo
- Queixo
- Pemento moída
- Allo
- Fariña
- Sal
- 2 ovos
- Pan relado
- Aceite de oliva
Para comezarmos, imos preparar as espinacas. Nunha tixola cunha culleriña de aceite botamos as espicanas, adobadas cun chisco de sal e allo en po ao gusto. Deixamos que se cociñen 3-4 minutos. Reservamos.
A continuación, corta en lascas as berenxenas, ben lavadas. Botámoslles allo en po, pementa moída e sal ao gusto.
E comezamos a montar os nosos sanxacobes. Aquí ímosvos dar dúas opcións. Lasca de berenxena, lasca de pavo e un chisco de queixo; e tapamos con outra de berenxena. Tamén podemos facer berexena-espinacas-queixo-berenxena. E imos intercalando até rematar coa berenxena.
De seguir, empoámolas con fariña, logo ovo e, por último, pan relado.
Rustrimos en abundante aceite aceite até que estean douradiños. Poñémolos sobre papel absorbente. Servimos nunha fonte e xa estarían listos para comer
Comentarios