¿Qué le piden los famosos a los Reyes?

Carlos Crespo, María Doallo y Caterina Devesa

YES

Borja Sánchez Trillo

María Vázquez, Tamar Novas, Manuel Manquiña y Fátima Prego nos recuerdan sus anécdotas de la infancia y los nervios que pasaban en la noche más especial del año

03 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

El día de Reyes sigue marcado en la memoria de todas estas caras conocidas, que hoy nos recuerdan su infancia, cuál era su juguete favorito y nos descubren cómo pasan estas fiestas

María Vázquez: «Nunca conseguín que me trouxesen unha Barbie»

Que o Nadal é unha data sinalada na vida da familia de María Vázquez (Vigo, 1979) testemúñano as redes sociais da actriz, nas que chegados estes días adoita compartir algunha entrañable foto na que non falta ningún dos costumistas ornamentos propios destas festas.

Con todo, recoñece María Vázquez, o seu momento do Nadal preferido sempre foi, e segue sendo, a noite de Reis. «Eu son a pequena dos irmáns e lévanme bastantes anos, así que para min sempre foi superespecial porque era a única nena que quedaba na familia e entón sempre me argallaban moitísimas cousas».

Lembra a actriz que de nena sempre escoitaba aos Reis Magos entrando na súa casa. «Abrían e pechaban a porta da casa tres veces, falaban entre eles, movían cousas... E eu, na cama, facía por non abrir os ollos, non fose ser que non me deixasen nada».

A familia de María Vázquez procede de Carballedo, un pequeno municipio da provincia de Lugo, e era alí onde, de nena, pasou a maior parte das noites de Reis. «O día 5 pola tarde miña avoa facía chocolate con biscoito e despois viamos a cabalgata por televisión. A min parecíame un mundo fascinante e sempre lle preguntaba aos meus avós: «Pero, por que nunca pasan por Carballedo? Eles dicíanme que si que pasaban, pero cando eu xa estaba durmindo».

Tamén lembra María Vázquez o momento no que, por aquilo de que ela tivese máis tempo para disfrutar dos xoguetes, tamén Papá Noel comezou a deixarlle agasallos. «Na miña casa os agasallos deixábanse o 24 pola noite, non o 25 pola mañá», lembra a actriz. «Entón, ese día sempre pasaba que nun momento dado chamaban por teléfono e mandábanme collelo a min. Subía ao piso de arriba, collía o teléfono, pero non contestaba ninguén. E cando baixaba, xa estaban alí os agasallos e todos viran a Papá Noel menos eu. Aquilo dábame moitísima rabia. ‘Outra vez perdinme a Papá Noel', dicíalles cada ano. Era como un trauma. Porque todo o mundo vía a Papá Noel menos eu» [ri].

Como en case todas as familias, na de María Vázquez tamén os Reis deixaban agasallos que non estaban na carta. «Sempre me caían camisetas interiores e os típicos calcetíns. Eu nunca entendía por que todos os anos me deixaban aquilo... E pixamas. De feito, o pixama é un agasallo que aínda é fetiche na miña casa. Todos os anos meus fillos tamén os teñen de regalo».

E aínda que María era unha nena boíña e os Reis eran bastante cumpridores coas súas peticións, había un xoguete que ano tras ano, a pesar da súa insistencia, se lle resistía. «A Barbie», di entre risas. «Á miña nai, que foi unha moderna nos seus tempos, sempre lle pareceu unha boneca moi sexista. Entón, os Reis traíanme a Nancy ou outra que saíu despois, Chabel. Pero a Barbie, aínda que dende ben pequena, todos os anos a pedía, nunca, nunca ma trouxeron».

Cousa distinta aconteceu, anos despois, coa filla de María. «Curiosamente cando a miña filla tiña 3 anos, os Reis trouxéronlle tres Barbies. E sospeito que debeu ser porque queren resarcirse de que eu teña o trauma de que nunca me trouxeran unha Barbie», ri.

A noite de Reis tiña en casa da pequena María unha serie de rituais que ela cumpría escrupulosamente. O máis importante, por suposto, marchar cedo para a cama, antes de que chegasen os Magos. Pero antes había que deixar os correspondentes agasallos para os visitantes. «Para os Reis, sempre turrón brando, por se acaso, porque xa eran maiores, e un pouquiño de champaña. E despois sempre me lembraba tamén de deixar algunhas verzas ou cenorias para os camelos».

Todas aquelas emocións ségueas mantendo María Vázquez coa súa familia na actualidade. «Como teño unha filla de 10 anos e un fillo de 12 sigo vivindo estas datas con moita ilusión. Na casa temos unha norma, que é que a maxia existe se cres nela. O maior cre na maxia, segue indo á cabalgata, facendo a carta..., todo. E á pequena, tamén, por suposto». Hai que ter fe.

Tamar Novas: «Cada ano por estas datas sempre vexo E.T.»

Ana García

Tamar Novas (Santiago, 1986) sempre foi un neno de portarse ben, curioso e traste, pero bo, ao fin e ao cabo. Sábeno os Reis Magos, que se encargaron de traerlle os regalos cos que encher de ilusión o seu Nadal. «Na miña casa somos de festexar esta data máis ca Papá Noel», admite. De rapaz o actor non era de pedir moito e quizá por iso as Súas Maxestades adoitaban cumprir os seus desexos. «Recordo estar sempre detrás dun Scalextric, La Aventura del Volcán, que tardaron uns anos en traerme. Ao final tíveno e utiliceino igual dúas veces», afirma. Tamén lembra outro regalo que normalmente se repetía. «Pedía moitos coches teledirixidos e logo tiña mala pata e funcionaban unha vez e rompían», comenta. O seu xoguete favorito de cativo era unha boneca de trapo á que lle intercambiada os vestidos. Pero se Tamar ten que falarnos dos seus recordos para estas datas, alónganse moito do material. Para o actor, que acaba de presentar O corpo aberto, dirixida por Ángeles Huerta, hai costumes que se repiten moito máis no seu Nadal e que non teñen nada que ver cos regalos.

«Para min o Nadal é un sinónimo dos meus avós. É xuntarnos en familia e cos amigos para ir ao cine, aos Capitol, aos Área Central... e tamén organizar para ver pelis nas casas», comenta. Entre elas hai unha que non falta, e que quizá sexa xa o seu clásico máis persoal do Nadal: «Cada ano por estas datas vexo E.T., el extraterrestre. Son bastante machacón coas pelis que me gustan e sempre me apetecía vela algún día tranquilo durante esta época. De rapaz adoitaba ser en aninovo, ata que se converteu nunha tradición e agora véxoa cada ano». Na casa de Tamar o 1 de xaneiro soan os concertos de Brandeburgo, dende sempre, dá igual o champán que se tomase o día anterior. «Os meus pais inculcáronnos as tradicións máis cotiás. Somos de compartir turrón e rosca de Reis. Encántame tomar as uvas coa familia e, de feito, é algo que manteño dende neno e que trato de respectar cada ano, comezalo rodeado dos meus. Faime ilusión que nos xuntemos e incluso gozo do momento de reencontro cando me tocou traballar fóra por estas datas», afirma. El, que fixo dunha especie de Grinch na película A 1000 km de la Navidad, unha perfecta recomendación para divertirse e namorarse nestas datas, non se considera un fan absoluto do Nadal, pero si valora todo o bo que ten, especialmente os canelóns de marisco da súa nai. «Son espectaculares. Bota o día enteiro cociñándoos e agora ás veces tamén me animo eu a facelos», remata.

Manuel Manquiña: «La noche de Reyes me ponía enfermo de emoción»

Santi M. Amil

La noche de Reyes siempre me ponía enfermo», confiesa Manuel Manquiña (Vigo, 1953). «Pero no enfermo de gripe ni nada de eso, sino enfermo de emoción», puntualiza al instante.

Recuerda Manquiña el ceremonial que, de niño, le acompañaba cada 5 de enero. «Por la tarde íbamos a Casa Barros porque a los hijos de los empleados nos daban un regalo. Después estaba la cabalgata oficial. Además, yo también iba al hospital de San Juan de Dios, en Coia, porque por allí también pasaban los Reyes. Era un día de una excitación muy grande y constante».

Después, ya en casa, rememora Manquiña, tocaba sacarle brillo a los zapatos. «Yo nunca en la vida limpiaba los zapatos. Solo la noche del 5 y, aun así, limpiaba uno solo, el que ponía». El ritual finalizaba, antes de irse a la cama, dejando algo de leche para los camellos y unos bombones y una copita de licor para los Reyes, «para que cogieran fuerza».

Y así llegaba la mañana del 6, «en la que te encontrabas con algún juguete de la época: un balón, una cámara de cine, unos Juegos Reunidos, un fuerte con vaqueros e indios, una bicicleta reciclada que había sido de tu hermana... Dependía de la economía familiar del momento». Lo que nunca le llegó fue el coche de pedales. «Me habría hecho una ilusión tremenda. Había una tienda en Vigo, Moya, que tenía unos juguetes estupendos. Era mi paraíso. Allí veía los coches de pedales. Y mi mayor ilusión era ir con uno de aquellos coches de pedales por el pasillo de casa. Pero no me lo trajeron jamás».

Asegura el actor vigués que a día de hoy la noche de Reyes sigue siendo para su familia una noche de ilusión. «Mis hijos ya son mayores, pero siguen recibiendo regalos debajo del árbol. Nada de entregárnoslos en mano. Los Reyes los siguen colocando la noche del 5 y te los encuentras la mañana del 6».

Reconoce Manquiña que es cierto que a la hora de escoger los regalos ya va un poco sobre fijo, en función de lo que le pidan. «Pero mi mujer y yo, aparte de lo que nos dicen que quieren, seguimos pidiendo para mis hijos siempre alguna sorpresa, algo con lo que no se cuente, porque a ellos y a nosotros nos hace muchísima ilusión».

¿Y qué le traerán este año? «Yo tengo un fijo, que es un frasco de colonia Eau Savage, de Dior, pero supongo que alguna sorpresa, caerá también».

Fátima Pego: «Nunca fun de bonecas, parecíanme aburridas»

LORENA DO MERLO

Entre los regalos ideales para Fátima Pego, cantante de la orquesta Panorama, encaja perfectamente un curso de cocina. Porque la mujer, natural de Brión, es una todoterreno y confiesa que desde pequeña lo que le gusta es estar entretenida. «Era moito de libros e tamén de xogos de entretemento. Nunca fun de bonecas, aínda que si tiña, pero me parecían máis aburridas», comenta Fátima.

Así, en la carta que escribía a los Reyes no figuraban ni barbies ni nenucos. «Eu era de xogos que daquela se consideraban máis masculinos. Gustábanme os de construír cousas, tipo os Scalextric».

Detrás de su curiosidad por los juegos de entretenimiento está su condición de hija única. «Penso que por iso buscaba como estar entretida, xa que ao non ter irmáns, non tiña con quen xogar no día a día e buscábame a vida como podía».

En cualquier caso, Fátima destaca que lo que más le gustaba de la Navidad cuando era pequeña «era estar todos xuntos en familia». «Lembro as festas como unha etapa moi familiar. Pasábamos Noiteboa na casa dos meus avós maternos todos xuntos e era moi divertido». Y si le preguntan por su juguete favorito, lo tiene claro: «O Scalextric do meu primo, nin era meu. Escapaba á súa casa para xogar con el», dice entre risas.

Ahora ya no escribe carta a los Reyes. «Facemos unha especie de amigo invisible. Somos moitos na familia e teño moitos primos, así todos recibimos un detalle. Poñemos un tope de cartos e un mínimo para que non haxa desigualdades», indica. El pasado año le regalaron un libro: «Comigo van ao fácil, saben que me gusta ler. Agora por traballo teño menos tempo, pero sempre busco un oco para ler».

Precisamente, lo que más valora de los festejos es poder pasarlos en familia. «Estiven 16 anos traballando por Nadal. Con 18 anos empecei xa na música e traballaba nunha orquestra na que me tocaba sempre actuar nesas datas. Por iso, para min poder estar na casa cos meus e unha gozada». En cuanto a la decoración navideña, dice que ella es de las de «menos é máis». «Teño detalliños, algunha luceciña, pero non fago un despliegue de lucerío. Non é Vigo», bromea la cantante.