«Fago deporte todos os días, estou minimamente ben para facer de galán»

Acaba de cumprir 50 e segue tan presumido coma sempre, aínda que diso non pode dar conta na pantalla porque sempre lle toca facer de malo. Desde YES fai un chamamento: «Estou farto de arrancar cabezas». Esperemos que non sexan as de Coronado ou Emma Suárez, os seus próximos compañeiros de reparto.


Insisten en darlle papeis de malo, malísimo, pero quizais os directores non saben que está desexando facer de galán, aínda que sexa de galán cincuentón. Cumpriunos hai pouco, sen celebracións ni festas, que acabaron cos trinta. Poucas cousas cambiaron nesta nova década, segue a facer deporte e non é amigo das redes sociais, pero promete poñerse ao día cos tempos que corren. Correndo anda el entre proxecto e proxecto...

 -Din que vai ser o ano da túa vida...

-Non sei, é un momento doce, coincidiron aí varias cousas, pero non, non, traballando, que poder vivir disto é unha sorte. O outro día dicíanme que saíron unhas estatísticas que din que vivimos disto un 8 por cento dos actores. Estou no 8 por cento.

-En que andas?

-Estou coa serie de La Zona de Movistar, unha película, El Reino, dunha trama sobre corrupción política e noutra de Telecinco, Vivir sin permiso, con José Coronado e Álex González.

-Como entraches nos 50?

-Ben, ben, sigo sendo moi presumido, vou correr, intento manterme, pero é unha entrada curiosa...

-Cambia o chip?

-Non home, non cambia o chip, non cambia nada, pensei que cambiaría mais, pero non cambia nada. Boa entrada nos 50. Cambia o chip pensando que só che quedan outros 50 poñéndote moi optimista.

-Celebráchelo por todo o alto?

-Non, mira, iso cando era rapaz, que facía unhas festas tremebundas, porque coincidiamos cinco de cumpreanos e montabamos unha festa, pero cando cumprín 30 dixen: ’Non celebro máis’. Daba un traballo... Había que xuntar a todo mariasantísima para facer isto e o outro. Chamoume a miña irmá, pero non celebrei nada.

-Tes unha probabilidade alta de conseguir premios se estás nominado.

-Eu que sei, teño as mesmas que calquera. Non sabía... É que antes non había tanta xente, eu hai un lote de tempo que non estou nominado para ningunha cousa, antes eramos menos actores, tiñas más probabilidades tamén.

-E iso facendo de malo, que se chegas a facer de galán...

-Iso é o que quería eu, estou un pouco cheo de facer de terrorífico, gustaríame facer de galán cincuentón. Fago deporte todos os días, estou minimamente ben para facer de galán, de galán maduro. Estou farto de arrancar cabezas, pero o importante é traballar.

-O mellor é que se che dá moi ben facer rir.

-Arranquei cun monólogo hai un montón de tempo e sigo con el, e a xente ri. Falo das miñas paranoias, das miñas irmás... Eu fago unha parvada no monólogo, comento que eu quería facer de galán, pero que acabei como o yonki de Celda 211, é moi divertido.

-Cal é a película que cres que máis gusta de ti?

-Se queres estou marcado polo yonki de Celda 211, en televisión por Petróleo de Mareas Vivas, o Pertur de Sin tetas no hay paraíso. En teatro, non sei, supoño que esta última que fixemos no Centro Dramático Nacional. Xeralmente o de Celda... Foi tan ben, era tan revirado o personaxe.

-Curtas ou longas?

-Curtas fixen un lote, creo que fixen once curtametraxes con Albert Ponte, e aínda que deixei de facelos tiven unha última experiencia cun director que me rompeu a cabeza. É un formato moi sufrido, para adiestrarse, para facer calo, pero agora é moi complicado que faga unha curtametraxe, aí si que noto os 50. Buff, a curtametraxe é dura, xente nova, as cousas fallan, hai que repetir... É de guerrilla, ¡mi ma! ¡Que va! Téñolle moito cariño a O Matachín, aquela que dirixira Jorge Coira con Luís Tosar, Xoán Cejudo e Carolina Vázquez, era a primeira curta que fixen.

-Deixaches as redes sociais?

-Nunca estiven.

-No tiñas un Twitter?

-Que va. Mira, mira... O Twitter cando traballabamos na webserie Entrepipas por Jorge Casinello, estabamos Xulio Abonjo e mais eu, e era unha muller que vivía en Canarias a que nos levaba o Twitter. Unha cousa...

-No che gustan?

-Non, tiña que poñerme, pero son cousas dos 50.

-Tampouco tes WhatsApp?

-Si, uns mínimos si. Sei mandar unha foto e un mail, pero non teño Instagram nin nada. Tíñame que poñer un pouco, porque hai que estar cos tempos, pero non é o meu. Cada vez que o intento, non sigo. Merquei un ordenador e acabei regalándollelo aos meus sobriños, non é o meu, e os actores como temos unha repre que nos traen, nos levan, mércannos os billetes, fannos todo, imprímeme iso, mércame iso... Fatal.

-En breve a «La Zona».

-Si, fago de malo, malo, terrorífico, e moi ben, moi entusiasmado, nunca estiven nun produto de televisión así. Xa ves, está baseado no de Fukushima, que rebenta unha central nuclear, e o caos nos meses posteriores. É un proxecto moi interesante, 140 actores, todo decorados naturais. Miña nai, non sei.. Aínda non arranquei, pero gustoume moito falar co director hai uns días con ideas novas para o personaxe, xa traballei antes con el, en Que Dios nos perdone, e cando repites cun director coa complicidade é moito máis levadeiro, máis divertido, máis todo... Un momento moi doce.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Fago deporte todos os días, estou minimamente ben para facer de galán»