Paula González, enfermeira nun hospital de Pontevedra e campioa do mundo feminina de vela lixeira

VIGO CIUDAD

Paula González e Alejandra Vicens Martínez del Campo, na súa embarcación
Paula González e Alejandra Vicens Martínez del Campo, na súa embarcación

A regatista ten a vista posta nopróximo Mundial da clase Vaurien que se desenvolverá en Vigo no 2027

26 jul 2026 . Actualizado a las 19:25 h.

O seu obxectivo era loitar por estar entre as dez mellores embarcacións do mundo da clase Vaurien e finalmente o dúo conformado pola pontevedresa Paula González Esteban, como skipper o patroa, e Alejandra Vicens Martinez Del Campo, de Ribeira, como tripulante, rematou na oitava posición na categoría absoluta, pero alcanzou a gloria na feminina no campionato disputado na localidade alemán de Travemünde.

A pontevedresa recoñeceu este sábado estar «muy contenta» polo resultado acadado. Así, recordou que «empezamos muy bien este campeonato en la categoría absoluta, íbamos quintas el primer día», aínda que, ao día seguinte, xa baixaron un posto. «El jueves sí que es cierto que nos fue un poco más regular en las tres pruebas que se hicieron y bajamos en la clasificación al once, pero el viernes hicimos muy buen día. Nos hicimos un cuarto, un quinto y conseguimos subir al final hasta la octava posición», relatou xa de camiño a casa.

Paula González, co trofeo que acredita que foi a mellor patroa do Campionato do Mundo da clase Vaurien
Paula González, co trofeo que acredita que foi a mellor patroa do Campionato do Mundo da clase Vaurien

En categoría feminina, polo contrario, a embarcación de Paula González e Alejandra Vicens encabezou a clasificación dende o primeiro día, un éxito que se viu coroado polo feito de que Paula González foi designada como mellor patroa, un recoñecemento que, polo que recorda, nunca recaera nunha embarcación de mulleres: «Sí, la primera mujer patrona. Normalmente este premio lo suele ganar alguien que va con un chico. Creo que es la primera vez que lo gana un barco completamente femenino. La verdad es que estoy supercontenta de haber ganado este premio», sinala quen xa ten novas probas no se punto de mira.

Deste feito, entre os seus obxectivos máis inmediatos, a disputa da Copa del Rey, que se vai celebrar en augas de Palma de Mallorca nos primeiros días do mes de agosto, para, posteriormente, competir pola Copa de España da clase Vaurien, «que será la que clasifica, junto con el Campeonato de España del año que viene, para el Mundial del 2027, que justo será en Vigo».

Paula González e Alejandra Vicens Martínez del Campo, na súa embarcación
Paula González e Alejandra Vicens Martínez del Campo, na súa embarcación

Ten claro que, sendo regatista do RCN Vigo, clasificarse para o vindeiro Campionato do Mundo desta especialidade será como xogar na casa. «Tengo muchas ganas. Estaría muy contenta de poder jugar en casa», remarca, ao tempo que destaca e agradece aos seus compañeiros do Hospital Provincial de Pontevedra os esforzos que realizan para que ela poda desprazarse a estas probas.

Profesión e deporte

«La verdad es que es como un Tetris diario poder compaginar todo, poder asistir a las competiciones y al trabajo. Con los turnos de enfermería muchas veces es muy complicado, pero realmente a mí me lo ponen super fácil, gracias a mi supervisora, Alex, que es la de Medicina Interna 2, y a todas mis compañeras y compañeros del hospital que me ayudan con los cambios. Son los primeros que me dicen, ‘Paula, ¿necesitas esto? Tienes esta regata, ¿Quieres que te cambiemos?' Gracias a todos ellos lo puedo compaginar bien», recoñeceu antes de precisar que participou na regata de Travemünde no marco das súas vacacións.

Paula González e Alejandra Vicens Martínez del Campo
Paula González e Alejandra Vicens Martínez del Campo

Iso si, de cara ás seguintes, «he cambiado turnos, he pedido también dos turnos por deporte... En septiembre vuelvo a tener otro Mundial, en este caso de la clase J70, y ahí también tengo que arreglar los turnos. Pero gracias a mis compañeras y a mi supervisora, es muy fácil. Me lo ponen muy fácil, la verdad. Tengo mucha suerte de estar en la planta en la que estoy», insistiu a pontevedresa.