O central zurdo atesoura unha participación testemuñal na categoría co Pontevedra CF e co CD Arenteiro
29 jun 2026 . Actualizado a las 21:23 h.A dirección deportiva do Arousa anunciou este lunes a continuidade do central zurdo Samu Santos na disciplina do primeiro equipo vilagarcián. O vigués, que o 4 de agosto cumprirá 26 anos, dará o salto co equipo á Segunda Federación logo de consolidarse no centro da defensa do conxunto arlequinado nas dúas campañas que leva encadeadas no vestiario da Lomba, ao que chegou no verán do 2024 procedente do Gran Peña.
Formado no Choco, Samu Santos xogará nunha categoría que non lle resulta descoñecida. No curso 2021/22 estreábase na Segunda Federación no Pontevedra CF, para completar a metade da tempada seguinte na mesma liga nas filas do CD Arenteiro. Certo é, cunha participación testemuñal en ambas as dúas prazas: 264 minutos no conxunto do Lérez e 98 no do Carballiño, de onde volveu a Vigo para xogar campaña e media antes de recalar no Arousa para xogar máis de 2.400 minutos por ano.
«Síntome moi querido pola afección. Son moi feliz aquí. Encántame o ambiente no campo e na vila, aquí respírase fútbol», declarou o central tras a súa renovación no Arousa, para engadir que tras «un ano precioso» agarda agora «un ano ilusionante».