O Auditorio Mar de Vigo acollerá o concerto homenaxe a Begoña Caamaño

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO CIUDAD

Emilio Relova

O rexedor comprometeuse ante mebros do Consello da Cultura Galega a poñer a disposición o espazo: «Teremos unha extraordinaria celebración»

04 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse onte con Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Alejo Amoedo Portela, membro do Plenario do CCG e Marcelino X. Fernández Santiago, xerente do Consello, para abordar a celebración do Día das Letras Galegas en Vigo. A Real Academia Galega dedicará este ano 2026 á xornalista e escritora Begoña Caamaño, nacida en Vigo no ano 1964 e falecida en Santiago de Compostela no 2014, e, como cada ano, a cidade natal da persoa homenaxeada acollerá un concerto homenaxe.

O rexedor comprometeuse a poñer a disposición da celebración o Auditorio Mar de Vigo para acoller «un grande concerto e teremos unha extraordinaria celebración e recoñecemento a Begoña desde Vigo, desde a cidade que a viu nacer».

Caamaño, que comezou a súa carreira na radio, destacando a cobertura cultural, publicou dúas novelas en galego: Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012). A última foi especialmente aclamada, recibindo premios como o da Crítica de narrativa galega e o Antón Losada Diéguez. Estaba traballando en dúas obras máis ao momento da súa prematura morte aos 50 anos.