
É un acto organizado polo Ateneo Atlántico de libre acceso ata completar o aforo
28 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A meirande parte dos ghichos e as ghichas de Vigo teñen unha fala singular que Xosé Henrique Costas encargouse de estudar e publicar no seu libro A fala de Vigo. Para explicar as diferenzas que existente entre unha pataca fritida e unha patatilla, o profesor universitario pasará hoxe, ás 19.30 horas pola Casa Galega da Cultura. É un acto organizado polo Ateneo Atlántico de libre acceso ata completar o aforo do edificio da praza da Princesa.
Cando presentou o seu libro Xosé Henrique Costas dicía que esta fala é o galego falado nas diversas parroquias do concello «o Vigo de sempre onde o galego é aínda a lingua habitual fronte ao centro urbano máis castelanizado», O traballo, no que colaboraron a Universidade de Vigo e a Asociación Faladoiros de Vigo, é un arquivo de fala que recolle catrocentas palabras e cen frases feitas e refráns que son propias da cidade.
As palabras recollidas en A fala de Vigo teñen gheada («un ghicho de Vigho») e seseo («o Selta ghañou sinco sero», pero este último é o que menos se conserva.