Ensaísta e poeta nacido na Pobra

PASTOR RODRÍGUEZ O ESCRITOR

VIGO CIUDAD

01 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Nacido en 1996 na Pobra do Caramiñal, Ciro Briones fixo un grao en Educación Primaria en Pontevedra. Reside en Polonia entre 2021 e 2024, e en 2020 gaña o primeiro Premio de Poesía da Universidade de Vigo e o primeiro Premio Xuventude Crea, que gaña de novo en 2022. Tamén no 2020 acada o primeiro Premio de Ensaio da Universidade de Vigo e o segundo Premio de Poesía Díaz Jácome.

No ano 2023 a Universidade de Vigo edita o seu ensaio Da caverna á acrópole. Un camiño cara á educación crítica, onde une filosofía e educación, coa premisa da necesidade do pensamento crítico para alcanzar a plenitude de valores no ensino. Malia tratarse dun ensaio, logra fornecelo de estilo poético, mais sen esquecer o facer propostas moi interesantes, reivindicando a conciencia persoal e social como parte da formación educativa.

No ano 2023 gaña o Premio de Poesía Concello de Carral coa obra Oídos de espeleóloga, editada en 2024, da que o xurado destacou o ritmo moi logrado e a calidade da lingua. Poemario vivencial e experimental que indaga no que está agochado na realidade en medio dos lugares de desolación para ver o que non é evidente.