Os Ingleses desincháronse na segunda parte ante o Universidade de Vigo (58-22)
VIGO CIUDAD
A falta de recambios condenou a un cadro vilagarcián que fixo un gran final de primeira parte
05 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Dura derrota a encaixada por Os Ingleses de Vilagarcía no seu desprazamento o pasado sábado á cancha do Kaleido Universidades Vigo Rugby Club: 58-22. Un partido con tres fases. Cun arrinque demoledor do conxunto anfitrión, índose 15 puntos arriba. Cunha gran reacción arousá nos vinte últimos minutos da primeira parte, igualando a contenda cun parcial de 0-17. E cunha segunda metade na que o peso da realidade fixo estragos entre as filas do equipo que dirixe David Lema.
Con tan só un recambio no banco, con máis baixas ca nunca —Marco non puido viaxar tras ser pai esa mesma noite— e con moitos dos presentes debendo xogar outra vez fóra dos seus postos naturais, Os Ingleses foi perdendo fuelle físico a medida que pasaban os minutos. Un baixón letal ante un Vigo que fai do seu xogo dinámico a súa maior virtude cando lle deixan.