O Concello de Vigo edita o catálogo da Colección Colmeiro

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO CIUDAD

Oscar Vázquez

Foron publicados 300 exemplares

23 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Vigo edita un catálogo coa colección da obra do pintor Manuel Colmeiro. A publicación, dunha tiraxe de 300 exemplares, vai ser repartida entre a cidadanía, museos, universidades, bibliotecas e o mundo da arte en xeral. A coordinación do proxecto foi asumida por José Ballesta, director do Museo Municipal Quiñones de León quen, no acto de presentación, ao que acudiron familiares do artista, falou dun «traballo exhaustivo e exitoso», ao que a autora dos traballos de catalogación, Beatriz Liz, engadiu que «cada obra foi analizada unha por unha». «Quen queira coñecer a Colmeiro, ten que vir a Vigo», concluiron os especialistas durante a súa intervención.

Este catálogo, deseñado por Carlos Álvarez, conten as obras de titularidade municipal adquiridas polo conservador do Quiñones de León; a doazón de Fernández del Riego; tres murais que estaba no Hotel Moderno; e as 166 obras cedidas pola familia.