O Ifevi acollerá o 15 de xaneiro o Certame de Rondallas con 14 agrupacións

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO CIUDAD

cedida

Catro delas, Valadares, Beade, Helios de Bembrive e Freixo, de Vigo

11 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, mantiveron onte unha xuntanza cos directivos da Federación de Rondallas da área metropolitana de Vigo para preparar a quinta edición do certame, que se celebrará o vindeiro 15 de xaneiro no Ifevi.

A representante autonómica destacou o impulso da Xunta a este evento que representa «a vitalidade da cultura tradicional e de base na nosa comunidade» e subliñou a importancia destas agrupacións en toda Galicia, especialmente na área de Vigo, o que xustifica a relevancia de apoiar esta celebración». Fernández-Tapias invitou a todos os veciños de Vigo e contorna a acudir o 15 de xaneiro ao Ifevi para gozar «dun espectáculo único en Galicia e que cada ano exerce como escaparate da cultura tradicional». Neste V Certamen de Rondallas da Área de Vigo participarán un total de catorce agrupacións, catro delas da cidade de Vigo (Valadares, Beade, Helios de Bembrive e Freixo), catro de Mos (Guizán, Herville, Torroso e Santa Eulalia de Mos), dúas do Porriño (Pontellas e Atios), dúas de Gondomar (Vincios e Nosa Merced Chaín), unha de Nigrán (Parada) e outra de Tui.