Vigo recorda a figura de Florencio Delgado Gurriarán

La Voz VIGO

VIGO CIUDAD

O cronista oficial da cidade deu lectura do bando municipal do Día das Letras Galegas

17 may 2022 . Actualizado a las 23:53 h.

Durante o acto de lectura do bando municipal do Día das Letras Galegas, o alcalde de Vigo tivo palabras agarimosos para Domingo Villar, convalecente no Hospital Álvaro Cunqueiro despois de ter sufrido un infarto cerebral, e desexoulle unha pronta recuperación. Abel Caballero presiduo na praza da Constitución o acto de lectura do bando redactado por Ceferino de Blas, cronista oficial da cidade. No bando destacouse a figura de Florencio Delgado Gurriarán, o poeta valdeorrés a quen este ano a Real Academia Galega dedícalle o día. No bando tamén se recordou que o Día das Letras naceu en Vigo no ano 1963 tras ser ideado por Francisco Fernández del Riego, que contou como apoio da súa proposta con vigués Manuel Gómez Román.