A filla do escritor e avogada Rosalía Franco Barreiro, no seu nome e o da súa irmán Navia e o resto da familia, agradeceu a homenaxe e a elección do nome do seu pai por toda a comunidade da facultade viguesa para identificar o Premio de Investigación Xurídica da Universidade de Vigo, seleccionado en votación aberta o mes pasado. Lembrou os seus inicios en 1960 como pasante na Coruña e o final da súa carreira laboral no 2001 como xurídico da Caixa de Aforros de Vigo. Destacou a súa xenerosidade, a súa forte responsabilidade, capacidade de escoita e a súa entrega a obras como o dicionario. Tamén un do seus consellos, que hai que estudar sempre, como camiño máis aconsellable para abordar calquera traballo. «É un orgullo que o seu nome permaneza para sempre nesta facultade», dixo, mentres o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, declarou que Xosé Luís Franco Grande «é un modelo para o futuro e foi un galego que soñou cunha Galicia mellor».