Xosé Luís Franco Grande xa ten un fogar para sempre en Vigo

M. J. F. VIGO / LA VOZ

VIGO CIUDAD

M.Moralejo

Unha placa na casa da rúa Policarpo Sanz, onde viviu, recorda a súa figura

26 jun 2021 . Actualizado a las 23:36 h.

Xosé Luís Franco Grande foi durante preto de sesenta anos un orgulloso veciño de Vigo. Dende onte o seu fogar estará para sempre na cidade que amou. Unha placa descuberta nos números 36-38 da rúa Policarpo Sanz lembra ao «poeta, escritor, membro da Real Academia Galega e avogado». Son só algunhas das moitas facetas que adornan a figura do lexicógrafo nado en Tebra (Tomiño) en 1936 e finado o pasado ano en Vigo. Nun acto promovido polo Concello, Víctor F. Freixanes e Xesús Alonso Montero, presidente e expresidente da Real Academia Galega, respectivamente, destacaron a personalidade discreta dun home convencido da liberdade e do europeísmo e cun sentido común tan importante na política. Para as súas fillas, Rosalía e Navia Franco Barreiro, o seu pai era culto «polo que sabía e lía, pero tamén polo moito que cultivou a amizade».