A Academia Galega inaugurará a Primavera das Letras de Xela Arias no colexio de Vigo onde estudou

Víctor F. Freixanes e Fina Casalderrey presentarán mañá o proxecto dirixido ao alumnado de infantil e primaria nun acto no que participará a familia da homenaxeada canda a comunidade educativa de Sárdoma-Moledo.


vigo

A Real Academia Galega inaugurará mañá, martes 2 de marzo, a Primavera das Letras dedicada a Xela Arias no CEIP Sárdoma-Moledo, o colexio de Vigo onde estudou de nena a escritora e tradutora á que a institución lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica Fina Casalderrey presentarán o proxecto dirixido ao alumnado de infantil e primaria nun acto no que participará a familia da homenaxeada canda a comunidade educativa de Sárdoma-Moledo.

 Primavera das Letras fornecerá os nenos e nenas de recursos lúdicos e didácticos arredor da vida e a obra de Xela Arias dende a páxina web primaveradasletras.gal. A presentación desta iniciativa terá lugar nas vésperas do aniversario da autora, nada o 4 de marzo de 1962 en Sarria. Tras vivir primeiro neste concello e, despois, en Lugo, Xela Arias estableceuse coa familia en Vigo, a cidade onde viviu dende os sete anos ata o seu pasamento en 2003.

A nova edición de Primavera das Letras súmase á oferta dixital da páxina web institucional da RAG, onde está activa dende xaneiro a sección das Letras Galegas 2021. Este espazo en permanente actualización ofrece xa a biografía da homenaxeada que asina a académica Ana Romaní, entrevistas ?unha delas a Amparo Castaño, nai da autora?, e unha galería de retratos de Xela Arias realizados por Xulio Gil, entre outros contidos. Esta fiestra virtual dará tamén acubillo a propostas audiovisuais sobre a poeta e tradutora que serán presentadas proximamente.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Academia Galega inaugurará a Primavera das Letras de Xela Arias no colexio de Vigo onde estudou