«Os alumnos son coma esponxas, asimilan todo o que lles pedimos moi ben»


¿Cómo asumen os alumnos as tarefas asociadas ao coidado do seu entorno? Segundo explica a directora do colexio, Esther Fernández, «eles lévano moi ben». Aínda que recoñece que «o tema dos residuos cero custou un pouco para as familias porque teñen que traer o sándwich ou as galletas en táper e non en papel de aluminio, e tiveron que deixar de lado os plásticos... Pero agora xa están máis que mentalizados. E os alumnos aínda máis, son como esponxas e o asimilan todo moi ben. E como o tema da pandemia e do covid, dan exemplo das normas».

Referencia

O CEIP Pintor Laxeiro de Vigo non só participa no programa

Recíclate

de Sogama. Tamén o fai no plan

Proxecta

da Xunta, en

Vigo Recicla

e en Voz Natura, entre outros. O centro é toda una referencia no que a educación medioambiental se refire.

Neste senso, a directora indica que «para nós é un orgullo porque, por un lado, as familias responderon fenomenal a todo o que se lles foi presentando. Estamos todos moi satisfeitos.

Por outro lado, todo o profesorado ten unha gran sensibilidade medioambiental con respecto a este tipo de asuntos. No día a día, amosan a súa votade para colaborar e potencian estas iniciativas. Ter un grupo que queira traballar con ilusión é fundamental».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Os alumnos son coma esponxas, asimilan todo o que lles pedimos moi ben»